Martes. 23.04.2024
El tiempo

Pablo Seoane presenta o seu libro sobre a música tradicional en Dumbría

O toque pechado en Olveira
Pablo Seoane presenta o seu libro sobre a música tradicional en Dumbría

O vindeiro sábado 2 de abril terá lugar á presentación do libro "O toque pechado”, de Pablo Seoane. A cita, organizada pola Asociación Fonte Santa de Buxantes, en colaboración co Concello de Dumbría, será ás 21:00 h, na Casa Cultural de Olveira.

Un libro que nace despois de 2 anos de intenso traballo. Pablo Seoane (natural de Cacheiras – Teo, pero moi vinculado á nosa comarca como mestre de música tradicional en lugares como Muros ou Santa Comba), decidiu editar este traballo coa idea de poder axudar a todos/as os/as gaiteiros/as que se propoñan aprender ou mellorar no toque pechado para a gaita de fol galega.

O confinamento permitiulle ter ese tempo para trasladar a súa sabedoría arredor deste singular xeito de tocar, ás páxinas dun libro, facendo unha excelente labor na transcrición de audios, edición de partituras, análise das mesmas (a maior parte do seu arquivo persoal) e de actualizar e poñer ó día anos e anos de traballo.

Así nace esta publicación, unha boa escolma de exercicios específicos e 150 partituras divididas en 3 niveis de dificultade, para que os/as gaiteiro/as poidan traballar en calquera dos distintos xeitos de tocar pechado na gaita galega.

Novas relacionadas

Comentarios