Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Proxectada a ampliación da Ponte Olveira para mellorar a seguridade dos peregrinos

Proxectada a ampliación da Ponte Olveira para mellorar a seguridade dos peregrinos
Estrada da Ponte Olveira-Foto-Xurdemoran Cruzar a Ponte Olveira é un verdadeiro risco para os peregrinos-Foto-Xurdemoran

Un dos espazos máis singulares da nosa parte interior do Camiño de Santiago é a Ponte Olveira. Esa ponteque cruza o río Xallas e que separa os termos municipais dos Concellos de Mazaricos e Dumbría, dous concellos máis unidos que nunca. Este pasado venres, recibiron unha visita institucional do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que anunciou o comezo das obras para este mes de ampliación da simbólica ponte, mellorando a seguridade peonil nun tramo moi transitado por peregrinosl. Ademais lembrou que a Deputación estudia a creación doutra senda en Insua.

Obras que chegan a través de programas como o Plan de Acción Social (PAS) e o Plan de Medioambiente (PMA). Así, o presidente informou sobre o anteproxecto, pendiente actualmente do informe da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Un anteproxecto elaborado polo departamento de Vías e Obras da institución provincial que contempla o ensanchamento da estrada no tramo estreito da ponte, que actualmente comparten turismos, camións e os milleiros de peregrinos que cada ano atravesan a ponte na súa ruta xacobea, e a creación de andéns laterais para o paso de peóns, o que incrementaría notablemente a seguridade, e enmárcase no proxecto global de mellora en varios treitos do Camiño que está a desenvolver a Deputación, coa creación de sendas peonís en lugares como Dumbría, Muxía ou Santa Comba.

Visita de Gonzalez Formoso ao Concello de Mazaricos Visita de Gonzalez Formoso ao Concello de Mazaricos

O presidente provincial anuncioulle tamén ao alcalde de Mazaricos que no núcleo de Ponte Olveira darán comezo este mesmo mes de setembro as obras de construción dunha nova senda peonil de dous metros de ancho entre os puntos quilométricos 19,600 e 20,100 da estrada provincial DP-3404, que suporán un investimento de 80.689 euros e comprometeuse a estudar a demanda do rexedor local de construir tamén un tramo de senda no núcleo de Insua, que actualmente carece de andén peonil nunha estrada que conta cun elevado volumen de tráfico.

Máis de 1 millón de euros para mellorar infarestruturas en Mazaricos

González Formoso e Blanco Riveiro analizaron os diferentes investimentos efectuados pola Deputación no municipio no último ano, que ascenden a máis de 1 millón de euros, e que permitiron entre outras cuestións a pavimentación das rúas Galicia e Ventín, a mellora de camiños en Eirón, Coiro, Alborés, Antes, Colúns e outras parroquias e a mellora das instalacións deportivas e socioculturais do municipio.

A través da achega do novo Plan de Emprego Local (PEL), que triplica os fondos que o municipio viña recibindo para o fomento do emprego, pasado dunha asiganción de 11.400 euros en 2015 a 31.000 en 2016, o Concello de Mazaricos contratou a cinco presoas que desenvolven tarefas de mantemento e conservación de espazos públicos.

O Plan de Medioambiente (PMA), cunha dotación de 81.246,62 euros para o concello, permitirá a Mazaricos construir un azud con escala de peixes no río Sanabria, mellorar a rede de saneamento de Mundín, adquirir novos contenedores de lixo e financiar unha auditoría enerxética co obxecto de aforrrar custes no consumo eléctrico municipal.

O presidente da Deputación visitou hoxe os concellos de Mazaricos e Outes, que suman investimentos de máis de 2,5 millóns no último ano a través dos diferentes plans provinciais.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios