Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O TSXG tamén paraliza cautelarmente o P.E. Bustelo

  • ADEGA e a Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural convocan unha charla informativa en Santa Comba para este xoves 20 de outubro.
cartaz_pe-bustelo-charla santa comba
Mesa informativa en Santa Comba
O TSXG tamén paraliza cautelarmente o P.E. Bustelo

Hai apenas 2 semanas que o TSXG paralizaba cautelarmente o proxecto eólico do Campelo por “fragmentación irregular”. Onte coñeciamos unha resolución semellante arredor do propio Tribunal sobre o proxecto eólico de Greenalia Parque Eólico Bustelo, trala denuncia por vía contenciosa-administrativa por ADEGA e a PDCC, con cargo ao Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica.

De novo a “fragmentación artificial” dos proxectos Campelo-Bustelo-Monte Toural, quen en conxunto afectan aos Concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia.

O Auto xudicial condiciona ao depósito dunha caución doutros 10.000 euros, como no caso da suspensión cautelar do PE Campelo, obrigando ás entidades recorrentes a facer fronte ao depósito en garantía dun total de 20.000 euros nas vindeiras semanas. Para conseguilos, iniciarase unha campaña de recadación colectiva.

Mesa informativa en Santa Comba

Ademais, arrincan unha serie de mesas informativas arredor dos 3 proxecto, que comezará o próximo xoves, 20 de outubro, en Santa Comba. O acto informativo titulado “Como paralos?!”, convocado por ADEGA e a Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural, estará dirixido ao público xeral con especial atención aos veciños e veciñas directamente afectadas. Comezará ás 20:30 horas no Edificio multiusos Terras do Xallas e contará coa intervencións de avogados das entidades recorrentes e membros de ADEGA, da Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural e de Salvemos a comarca de Ordes.

Novas relacionadas

ODAS AS NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS

Comentarios