Xoves. 03.10.2024
El tiempo

ADEGA denuncia á Xunta por presunta prevaricación e malversación en varios parques eólicos de Greenalia

  • A empresa da ex conselleira popular Beatriz Mato somete a información pública un novo parque eólico en Zas
greenalia-parque-eolico-minon
ADEGA denuncia á Xunta por presunta prevaricación e malversación en varios parques eólicos de Greenalia

A entidade ecoloxista ADEGA anunciaba o pasado venres a presentación dunha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente de A Coruña contra a Xunta de Galicia, por presunta prevaricación e malversación de fondos. A entidade considera que a a anterior Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría Traba, actualmente Secretaria Xeral de Industria da Xunta, incorrería nestes delitos durante a tramitación do plan industrial asociado á asignación de megavatios para o desenvolvemento dos proxectos eólicos “Campelo” (paralizado cautelarmente polo TSXG) “Lamas de Feás” de Greenalia Wind Power.

Segundo ADEGA, a Xunta accedería a dar por executado o Plan industrial dos dous parques, malia haber un desfase sobre a proposta orixinal aportada en 2010, “o que eximiu á empresa da ex-conselleira Beatriz Mato (despois de absorver á empresa Kaekias Eolica) de ter que pagar preto de 12 millóns de euros á Facenda pública”.

ADEGA considera que este caso crea un “perigoso antecedente” polo que invoca ao Ministerio Fiscal para que investigue ao tempo, anuncia que requirirá á Xunta información sobre o estado de execución dos distintos plans industriais comprometidos no concurso eólico de 2010 pola potencia adxudicada a proxectos eólicos que hoxe en día se atopan en tramitación.

Coto Muíño: novo proxecto

Mentres, a empresa non para. Vén de anuciar que a Xunta somete a información pública o novo P.E. Coto Muíño. Unha instalación de 19,2MW xerada por 4 aereoxeneradores (de 127,5 m de altura de buxe e outros 145 de rotor), situados no concello de Zas.

Novas relacionadas

ODAS AS NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS

Comentarios