![Obradoiro de Emprego de Santa Comba de Xardineria do ano pasado]()
Imaxe dos Obradoiro de Emprego de Santa Comba de Xardineria do ano pasado
Importantes achegas á nosa zona dos Obradoiros de Emprego, esas propostas da Xunta que promove a inserción laboral en base a programas de 6 meses que compaxinan formación e traballo, recibindo ademais un soldo.
Carballo e Santa Comba son as zonas que máis participan este ano neste programa se vén boa parte dos Obradoiros miran cara outras comarcas. Carballo acollerá 1 obradoiro durante este curso, e Santa Comba participará en 3.
Santa Comba acollerá un Obradoiro Dual compartido con Mazaricos e Santa Comba (como
o realizado o ano pasado), neste caso sobre Instalacións eléctricas e de Limpeza; outro con Negreira sobre Promoción Turística e Xardinería; e
outro Negreira, A Baña e Val do Dubra sobre conservación de montes.
Pola súa banda, Carballo participará nun
obradoiro de Carpintería para 12 persoas.
Obradoiros de Emprego 18/19
Entidade |
Outras entidades |
Proxecto |
Alumnado Solicitado |
Especialidade 1 |
Especialidade 2 |
Nº Concellos |
Subvención Total Xunta |
Concello de Negreira |
Concellos de Santa Comba, A Baña e Val do Dubra |
Xallas-Barcala-Dubra IV |
20 |
PROMOCION TURISTICA LOCAL E INFORMACION AO VISITANTE |
OPERACIÓNS AUXILIARES DE REVESTIMENTOS CONTINUOS EN CONSTRUCCIÓN |
4 |
288.807,00 € |
Concello de Santa Comba |
Concellos de Mazaricos e Dumbría |
Conecta2018 |
20 |
MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓN ELÉCTRICAS DE BAIXA TENSIÓN |
LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS |
3 |
305.307,00 € |
Concello de Santa Comba |
Concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra |
Conservación e mellora de montes |
16 |
— |
— |
4 |
154.262,40 € |
Concello de Carballo |
-- |
Carpintería e moble |
12 |
— |
— |
1 |
115.696,80 |
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/carballo-acollera-un-obradoiro-de-emprego-de-carpinteria/
https://quepasanacosta.gal/santa-comba-formara-mozos-e-mozas-na-conservacion-e-mellora-dos-montes/