venres. 07.02.2025
El tiempo

O  SAT Costa da Morte organiza obradoiros de Nadal

Unidade de Atencion Tempera
O  SAT Costa da Morte organiza obradoiros de Nadal

O Servizo de Atención Temperá da Costa da Morte (SAT) ofrece para as familias e meniños/as que acoden ao seu servizo obradoiros para promover as relacións sociais e comezar a tecer redes de cara ós vindeiros talleres de familias.

O programa “Benvido Nadal” desenvolveranse o venres, 20 de decembro no Conco, Dumbría, en horario de tarde, e está dirixido ós nenos/as para promover as relacións sociais dentro do servizo.
Gozarán dunha xornada festiva, alonxada das sesións terapéuticas individualizadas, na que se traballarán obxectivos que promovan o seu desenvolvemento, facendo fincapé nunha área tan importante para as crianzas como é a do xogo.
Neste obradoiro levaranse a cabo xogos cooperativos de temática navideña e rematarase cun taller de repostería de Nadal.

Ademais, tamén haberá cita coa iniciativa “Celebrando as navidades", que se realizará o xoves, 26 de decembro en Vimianzo e venres 27 de Decembro no Ézaro, en horario de mañá.
Este está dirixido a crianzas e familias, con actividades conxuntas nun espazo distendido, para promover relacións coa idea de consolidar un Taller de familias co apoio e asesoramento das profesionais do servizo, no que compartir
experiencias, inquedanzas, conciliación e tempo en familia.

Comentarios