Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Semana Cultural de Dumbría volve con música infantil e teatro

A  proxección do filme Sicixia, prevista para esta noite de martes 24 no Ézaro, adíase para o 12 de setembro debido á previsión de vento.

semana dumbria
A Semana Cultural de Dumbría volve con música infantil e teatro

A vindeira semana chega a Dumbría acompañada de música e teatro, xa que a proxección do filme Sicixia, o filme rodado por Ignacio Vilar na nosa comarca para describir os sons da Costa da Morte, adíase por mor do vento ao 12 de setembro.
 

Xa o venres, no Conco, haberá música infantil a partir das 19:00h con Contos de Chuches Amil, nunha actividade organizada pola Biblioteca de Dumbría, financiada a través do programa #lercontamoito2021 para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O domingo pechará a semana a compañía da casa, Talía Teatro, con Voa Voa, ás 20:00h no Conco, nunha actuación para público infantil e familiar, programada a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Comentarios