Martes. 16.04.2024
El tiempo

Sufocan o incendio dun tractor preto das casas de Alvarellos

Sufocan o incendio dun tractor preto das casas de Alvarellos

Un tractor sufría un incendio a pasada tarde-noite de xoves en Alvarellos-Berdeogas (Dumbría). Os bombeiros de Cee acodían pasadas ás 20:00h pois ademais o tractor estaba preto das casas. Cando chegaron con dous vehículos o lume estaba moi avanzado. O propietario intentou apagalo en primeira instancia cuns extintores facéndoselle imposible e os Bombeiros tiveron que baixar as lapas ata conseguir extinguilo, arrefriando por completo. Na súa extinción tiveron que utilizar espumóxeno.

Limpeza de estrada

Non volveron a central os Bombeiros, porque pouco despois, xa pasadas as 22:15h, requerían a súa presencia en Olveiroa-Dumbría. Un tractor perdra aceite pola estrada e deixara un regueiro duns cen metros. Cos dous camións procederon a limpar a estrada e así evitar posibles accidentes derivados do esvaradío que poida estar a estrada. Utilizaron uns 15 litros de dispersante e uns 4000 litros de auga.

Fonte

  • Bombeiros de Cee.

Comentarios