Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un ano de fraude forestal en primeira persoa

Un ano de fraude forestal en primeira persoa
Imaxe da Manifestación da FRUGA contra o fraude forestal en VImianzo - Foto- Susana Alvite

Xa pasou un ano dende que a trama do fraude forestal saltaba á voz pública, e dous dende a primeira denuncia do chamado "Caso Maceiras", ou presunta fraude na adxudicación e cobro de axudas forestais na Costa da Morte. E parece que o caso está algo estancado, ou así o notan os afectados, que vén un gran problema na parálise das administracións e mais a falta de atención mediática. Un desinterese estrano, `pois tendo en conta a de escándalos que hai a nivel político hoxendía, por que deste apenas se fala

Onte, a Federación Rural Galega Fruga ofrecía unha rolda de prensa para facer balance do ano de loita, e para dar voz aos afectados. Foron varios dos afectados os que falaron en primeira persoa, e os que verbalizaron, sobre todo, a sorpresa de verse implicados nunha trama coma esta. Veciños de parroquias dos Concellos de Dumbría, Vimianzo e Muxía, pero como as administracións non están investigando o asunto, e todo está pendente das denuncias e investigacións dos propios afectados, pode que sexan máis parroquias, ou máis concellos os implicados.

I é que a veciñanza está absolutamente indignada coa posición da Xunta que segue "mandando balóns fóra, e segue remitíndose ao devir do proceso xudicial, cando todos pensamos que ten haber un proceso administrativo paralelo", segundo nos explica Gabriel López García, coordenador da FRUGA na Comarca. "Parece que dende a administración estase intentando agochar o problema" (non é de extrañar tendo en conta que mesmo Correos está directamente implicado) "polo que segue aumentando a desconfianza no Grupo de Goberno", explica.

Poñendo cara ao fraude

Foron varios os veciños da zona os que debullaron en primeira persoa o entramado que os leva a figurar en numerosos expedentes solicitando subvencións para distintos traballos forestais sobre parcelas que non son da sua propiedade, recibindo ingresos de subvencións en contas abertas sen a sua autorización, "pagando" facturas mediante trasnferencias desde bancos que nunca pisaron e un senfin de irregularidades que a dia de hoxe a Administración, neste caso a Xunta de Galiza, nega se teñan producido.
E puxeron cara e sentimentos a unha trama terrible, dando cota das súas sensacións cando descubriron que lle abriran contas ao seu nome e aínda por riba se movían cartos sen o seu consentimento nin coñecemento, ou como se sentiron cando se descubriron grandes terratenientes a efectos bancarios sen ter apenas propiedades reais. Explicaron tamén a súa incredulidade cando descubriron que en teoría, tiñan estado presentes en inspeccións con Axentes Forestais, en montes que nin eran seus.

Aproveitou Gabriel López para repasar este ano de loita, dende aquela manifestación en Vimianzo, ata os dous pasos polo Parlamento, un da man Tareixa Paz do BNG e outro de Marisol Soneira do PSOE.

Vindeiras mobilizacións

A Fruga adiantou que este vindeiro xoves 21 de marzo os afectados concentraranse diante da delegación da Xunta na Coruña, sobre as 12:00h, para esixir que a Xunta tamén se persone como denunciante. Ademais, queren escoitar unha resposta á petición de entrevista que teñen pedida coa Conselleira Rosa Quintana, que aínda non dixo nin si nin non, nin todo o contrario.

Teremos que esperar, unha vez máis, pola Xustiza. Como na Orquesta, que agora non ten nin xuíz...

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios