Un Campionato do mundo nos ríos Xallas e Anllóns


Espectacular preséntase o ano por Santa Comba. A capital xalleira acollerá diferentes probas de primeiro nivel nacional e internacional. Entre elas, o Campionato do Mundo de Pesca a mosca (sen muerte) Xuventude 2016 (Galicia 2016 World Youth Fly Fishing Championship) que se celebrará do 8 ó 14 de agosto en Galicia. O Río Xallas terá dous sectores, un en Santa Comba e outro en Olveira, Dumbría. Pero ademais o Anllóns tamén terá un sector, na zona de Verdes, Coristanco.
A participación está estimada en 50 equipos con un elenco de 250 persoas procedentes de 15 países. A base de operación estará no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela. É o primeiro campionato destas características que en lugar en España.
O sector 4 en Ponte Olveira e o sector 7 de Santa Comba acollerán adestramentos oficiais o día 8 de agosto. Os sectores completos son Sector 1. Río Eume (Ombre), sector 2. Río Mandeo (Aranga), sector 3. Río Anllons (Verdes-Coristanco), sector 4. Río Xallas (Ponte Olveira), sector 5. Embalse de Vilasenín (Cerceda), sector 6. Río Ulla, sector 7. Río Xallas (Santa Comba).
Así o presentaban onte no Concello xalleiro, Jorge Duarte, Secretario da Sociedade de Pesca de Santa Comba e da Federación Galega de Pesca, José Antonio Ucha Velo, Alcalde de Santa Comba, e José Manuel Rey Alvela, Presidente da Federación Galega de Pesca. Todos destacaron a importancia de albergar un campionato mundial.
Tamén sinalaron que dous meses antes o Concello de Santa Comba albergará unha proba do Campionato Galego de Pesca, na modalidade a mosca sin morte. Será o 15 de xuño no seu coto do Río Xallas que vai desde a presa Xesteira a Truebe.

5 (ou 7) Campionatos en Santa Comba
Con estas dúas probas serán cinco os campionataos federativos oficiais que Concello de Santa Comba ten confirmados para este ano, ata o momento, porque está pendente de que frutifiquen as negociacións para albergar dous campionato galegos federativos máis.
- Campionato Galego de Caza do Raposo. 9 de Xaneiro.
- Campionato Galego de Autocross. 2 de Abril.
- Campionato Galego Pesca a Mosca sen morte. 15 de Xuño.
- Campionato do Mundo de Pesca a Mosca sen morte. Do 8 ó 14 de Agosto.
- Campionato Galego de Rallymix. 24 e 25 de Setembro.
Fonte
- Concello de Santa Comba.