Un Nadal infantil en Dumbría


Xa temo o programa de actividades infantís para este Nadal da Concellería de Educación, Patrimonio e Turismo do Concello de Dumbría. I é que parece ser que Papá Noel xa ten pasado polos cursos de informática a pedir consello aos peques dumbrieses.
Pero ademais da visita, os cativos terán moitas máis actividades que disfrutar. Haberá obradoiros de manualidades nos que os rapaces poderán confeccionar os seus adornos navideños. Estes obradoiros faranse en tódalas Casas Culturais nos seguintes horarios:
- Luns 22 de decembro: ás 16:00h en O Conco e ás 19:00h en Olveira.
- Martes 23 de decembro: ás 16:00h en O Ézaro e ás 19:00h en Buxantes.
- Venres 26 de decembro: ás 16:00h en Berdeogas.
- Martes 30 de decembro: ás 16:00h en Salgueiros.
Xa despois de fin de ano, un Paxe Real visitará as Casas Culturais o venres 2 de xaneiro para que tódolos nenos e nenas dumbrieses poidan entregarlle as súas cartas para os Reis Magos. Sairán ás 16:00h do Ézaro e pasará por Buxantes (17:00h), O Conco (17:30h), Salgueiros (17:50h), Berdeogas (18:15h) e Olveira (19:00h)
Ademais, para o luns, 29 de decembro, o Concello prepara unha gran festa infantil no Conco con xantar, xogos, música, obradoiros e ata unha escola de maxia (da man da compañía Divermaxia).
Haberá servizo de autobuses polas parroquias.
Para asistir á festa infantil é preciso entregar unha autorización nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 20 de decembro. Podedes descargala aquí.
#DumbríaParaTi #DumbríaParaTodos
O Apalpador
- Unha entrevista co mesmo Apalpador.
- 2013: Un novo Nadal co Apalpador, o noso Rei Mago.
- 2012: Un Nadal máis co Apalpador.
- 2011: Unha noite co Apalpador.
Programas de Nadal
- Cee: Cee xa está nun Nadal de teatro e maxia.
- Cee: Persoeiros da volta rouban protagonismo a Papa Noel no Nadal de Lires.
- Corcubión: A Gala Solidaria e o Apalpador unirá a todo Corcubión.
- Carballo: O Apalpador será o gran protagonista do Nadal carballés.
- Vimianzo: Vimianzo arma un completo Nadal solidario.
- Muxía: Muxía arma un Nadal moi artística.
- Santa Comba: Os cativos, e os Reis Magos, os protagonistas do Programa de Nadal de Santa Comba.
- Santa Comba: Santa Comba quece motores para o Nadal co Concurso de Escaparates e os preparativos da Cabalgata.