Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha selección da Costa de fútbol sala feminino enfrentase ao Burela

Unha selección da Costa de fútbol sala feminino enfrentase ao Burela
O Burela FS e o actual campion de liga e da Supercopa de Espana O Burela FS é o actual campión de liga e da Supercopa de España O vindeiro mércores 24 de agosto ás 20 horas, o Burela Pescados Rubén FS enfrontarase no Conco á selección da Costa de fútbol sala feminino nun evento impulsado pola asociación deportiva Vidú que preside o deportista cormelán Martín Varela. Desta forma, Dumbría será a capital do fútbol sala feminino da Costa da Morte ao acoller un evento inédito no que un equipo da bisbarra dirixido pola carballesa María Varela Bardanca terá a oportunidade de enfrontarse ao actual campión de liga e tamén da Supercopa de España. Un días antes, concretamente o sábado 20 de agosto, as vinte e unha rapazas seleccionables polacarballesa daranse cita no pavillón de O Conco para afrontar un adestramento previo ao encontro e despois do mesmo, coñeceranse as quince xogadoras que formarán parte da primeira Selección da Costa de fútbol sala feminino.

Fonte

  • AD Vidú da man de David Castro

Comentarios