![O Burela FS e o actual campion de liga e da Supercopa de Espana]()
O Burela FS é o actual campión de liga e da Supercopa de España
O vindeiro mércores
24 de agosto ás 20 horas, o Burela Pescados Rubén FS enfrontarase no Conco á
selección da Costa de fútbol sala feminino nun evento impulsado pola asociación deportiva Vidú que preside o deportista cormelán Martín Varela.
Desta forma, Dumbría será a capital do fútbol sala feminino da Costa da Morte ao acoller un evento inédito no que un equipo da bisbarra dirixido pola carballesa María Varela Bardanca terá a oportunidade de enfrontarse ao actual campión de liga e tamén da Supercopa de España.
Un días antes, concretamente o sábado 20 de agosto, as vinte e unha rapazas seleccionables polacarballesa daranse cita no pavillón de O Conco para afrontar un adestramento previo ao encontro e despois do mesmo, coñeceranse as quince xogadoras que formarán parte da primeira Selección da Costa de fútbol sala feminino.
Fonte
- AD Vidú da man de David Castro