Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo recupera a Festa do Pan 10 anos despois

Carballo recupera a Festa do Pan 10 anos despois

O Concello de Carballo celebra de novo, e despois de dez anos, a Festa do Pan o domingo 8 de maio. Unha festa que terá de todo, con pregón do coñecido Xosé Touriñán, das MuchaeNucha do Luar, acordeóns, charla con Xabier Castro, obradoiros para nenos, e música da man das Cantareiras de Verdillo.

Especial interese terá a sesión cos Regeufeiros de Bergantiños. I é que tradicionalmente a “Regueifa” era un bolo de pan que antes do banquete de voda a parella poñían a disposición dos que non foran invitados, pois a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartilo entre os presentes era retarse dialecticamente entre eles, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares de estes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.

Máis información

Máis información

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios