![cartel san xoan carballo 2016]()
Xa está á venda, por 2 euros no Museo de Bergantiños, a revista das festas do #SanXóan de Carballo. Esta publicación, editada pola asociación cultural San Xóan, recolle a información máis destacada sobre as celebracións patronais de Carballo e interesantes artigos sobre o municipio e a comarca.
O
cartel de Juan Diego Ingelmo - gañador do concurso anual que convoca a comisión - ilustra a portada da publicación, que ao longo dunhas 200 páxinas debulla algúns dos aspectos máis destacados do programa, entre eles o
Rockin’, o concerto de Carlos Baute, a
actuación que El Combo Dominicano ofrecerá hoxe mesmo ou os
concursos, para os cales sigue aberto o prazo de inscrición. Pero a diferenciación da revista do San Xoán reside nas achegas de multitude de colaboradores a través de artigos históricos, de actualidade ou sobre etnografía, de ilustracións ou de poemas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación Cultural San Xoán