Venres. 19.04.2024
El tiempo

O San Xoán de Carballo abre o prazo para participar no concurso de cachelas e no descenso do Anllóns

O San Xoán de Carballo abre o prazo para participar no concurso de cachelas e no descenso do Anllóns
cachelas-san-xoan-carballo "A dilixencia do Oeste" foi a gañadora do 1º premio do concurso de cachelas do ano pasado Teremos que agardar ata mañá para coñecer o cartel das festas do San Xoan de Carballo que este ano estará deseñado por Juanulu Nacha. Mentras os organizadores veñen de publicar as bases do XXXI concurso de cachelas e do XXI Dencenso do Anllóns. Co fin de recuperar unha das tradicións culturais máis populares a asociación cultural San Xoan organiza o XXXI Concurso de Cachelas no que poderán participar os/as concursantes todos aqueles veciños e veciñas que o desexen. Para facelo deben anotarse na na Biblioteca Rego da Balsa (981 758 580) antes do 20 de xuño de 2018. As cachelas deberán situarse na zona urbana de Carballo ou zonas limítrofes sempre e cando non supoñan ningún tipo de perigo. As 20 primeiras cachelas inscritas que participen no concurso e non resulten premiadas correspóndelle unha gratificación de entre 20 € e 50 €, segundo determine o xurado en función da súa calidade. A valoración das cachelas realizarase, antes da súa queima, entre as 19:30 e as 233:00 horas do día 23 de xuño. Para realizar a valoración das cachelas o xurado terá en conta a orixinalidade do deseño e a súa elaboración (tamaño, materiais empregados, calidade da execución...). Haberá premios de 600, 300, 200 e 150 euros para as cachelas gañadoras e o xurado poderá outorgar accésits por un valor de 200 € se o considerase pertinente. E outro dos protagonistas do San Xoán de Carballo é o río Anllóns. Así que este ano chegará a XXI edición do Dencenso do Anllóns na que poderán concorrer os equipos compostos por tres ou máis membros que se inscriban na Biblioteca Rego da Balsa antes do día 20 de xuño de 2018.  As embarcacións deberán estar construídas artesanalmente e poderán ser propulsadas por calquera medio (remo, pedais, etc.), exceptuando a propulsión mecánica a motor. As/os participantes deberán percorrer o tramo do río Anllóns comprendido entre o inicio do Bosque do Añón (ponte de Bértoa) e o parque do Anllóns. No circuíto haberá varias metas voantes e os participantes deberán efectuar varias probas de habilidade. O Descenso farase o día 25 de xuño a partir das 18:00 horas. En total, repartiranse 2.375 € en premios e gratificacións.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios