2 anos e máis de 800 usuario na aula CeMit de Fisterra
Da importancia da alfabetización nunha zona como a Costa da Morte. Mágoa que aulas CeMit como a de Fisterra non haia máis pola bisbarra, a pesar de que noutros concellos da zona a parálise institucional impida aproveitar as oportunidades.
O 27 de abril fixo dous anos que a aula CeMit de Fisterra abría as portas por primeira vez. Unha aula dinamizada por Alicia López, que trata de formar en materia de novas tecnoloxías a toda a veciñanza de Fisterra. Os números falan e despois de máis de dous anos de funcionamento, a iniciativa caracterízase polo alto grao de demanda cidadá da alfabetización dixital, o elevado nivel de satisfacción coa formación recibida, e constitúese como a iniciativa fóra da educación reglada con maior número de usuarios en Galicia.
E proba disto son os datos tan positivos que se extraen nestes 2 anos de uso da aula CeMit de Fisterra:
- case 2000 horas de formación (1994).
- 98 actividades.
- 808 usuarios rexistrados.
- 3684 usuarios en aula aberta (persoas que acoden á aula para facer uso libre de internet e dos ordenadores).
Novas relacionadas
- Ponteceso xa está conectado a redes de nova xeración mentres Cee terá que agardar ata maio.
- A Aula CeMit de Fisterra abre novos cursos para seguir formando internautas.
- Os maiores de Fisterra recuperan o Casón na rede.
- A rede une ás familias de Muxía.
- Fisterra segue formándose nas TIC.
- O uso das novas tecnoloxías non ten idade.
- Aulas CeMIT: Máis cursos en Fisterra e parálise en Corcubión.
- A aula CeMIT de Fisterra pechou o ano con máis de 300 usuarios.
Fonte
- Aula CeMit de Fisterra, da man de Alicia López.