Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A Anchoa tremerá coa Festa Folk na Fin do Camiño

A Anchoa tremerá coa Festa Folk na Fin do Camiño
Vai seguindo o seu camiño o verán e con el imos tachando citas e citas na nosa axenda festeira e de lecer. Pero aínda quedan algúns eventos de asistencia obrigada, xa deixado atrás o ecuador estival. Falamos da Festa Folk na Fin do Camiño, que se celebrará este sábado, 20 de agosto de 2011, na Anchoa de Fisterra. O festival cumpre este ano 13 edicións. A cita servirá para que se reencontren os membros de Os Cempés, un dos grupos de referenza en Galicia, e que levan uns catro anos sen subir xuntos a un escenario. Programa O programa de actividades dará comezo ás 13:00h, coa desgustación de produtos típicos de Galicia, como polbo á feira, mexillóns, ou empanada. As viandas virán acompañadas da música tradicional das agrupacións Pedras Miúdas de Lires e as Pandereteiras de Fisterra. Á tardiña terán o seu momento os máis pequenos, con inchables e xogos. E xa pola noite, chegará o prato forte, co Festival Folk, no que actuarán A Requinta da Laxeira, Os cempés, The Crass e Mordecans. Non faltará, como debe ser en toda boa festa, a tradicional queimada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Cultural Anchoa de Fisterra.

Comentarios