A Anchoa vai este domingo de roteiro pola Costa entre Touriñán e o Cabo Fisterra

10:15 27/05/11

A Asociación Cultural Anchoa organiza este domingo 29 de maio un roteiro de sendeirismo, todo pola Costa, dende Cabo Touriñán a Cabo Fisterra. Unhas 30 persoas xa están apuntadas dende os 8 anos en diante, de feito xa hai apuntada algunha pasados os 60.
Esta é a primeira ruta do verán e dentro dun mes farase outra dende Cabo Vilán ata Camelle.
A saída será do Bar Alberto, da Anchoa, ás 8:00h, para partir a pé as 9:00h diante do Faro de Touriñán. De aí iranse visitando lugares como Nemiña, a ría de Lires, Canosa, A Mexadoira, O Rostro, Arnela, o Cabo da Nave, Mar de Fóra, A Insua, Monte do Facho ata rematar no Cabo Fisterra. Todo un día de caminata costeira.
Novas relacionadas
- Festa Folk 2010: A mellor música folk do país invadíu a fin do mundo.
- A Anchoa peregrinou ata casa .
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).