Martes. 15.10.2024
El tiempo

A asociación de veciños de Fisterra pide o recheo entre a punta do Varadero e a vixía de Santa Cruz

A asociación de veciños de Fisterra pide o recheo entre a punta do Varadero e a vixía de Santa Cruz
A asociación de veciños Costa da Morte de Fistera vén de remitir un escrito á Portos de Galicia na que piden o recheo "dunha zona morta que deixan as obras do novo dique da vila e que está situada entre a punta do varadeira e a vixía de Santa Cruz, fronte á Casa do Mar". Segundo indican dende a entidade, esta área podería ser destianada a mariña seca, zona de heliporto e lugar para o establecmento dunha embarcación de Salvamento Marítimo. No mesmo escrito, os representantes dos veciños e veciñas de Fisterra recordanlle a Portos de Galicia "a marxinación de que foi obxecto o porto de Fisterra ao non dotárselle das instalacións náutico deportivas específicas". Segundo indican, polo porto da vila pasan unha gran cantidade de embarcacións deportivas que non constan nas estatísticas xa que non existen as correspondentes instalacións para o atraque das mesmas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios