A asociación de veciños de Fisterra solicita que se aprobe o plan xeral de ordenación
07:08 19/01/17
A asociación de veciños de Fisterra vén de reclamar ante consellería de Medio Ambiente a urxente aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbana - PXOU - do concello fisterrán debido á "inseguridade xurídica que está xerando este retraso e ante a alarma entre moitos veciños que recibiron as cartas de Catastro anunciándolles unha suba desproporcionada do IBI dos chans ata o de agora calificados como urbanizables", manifestan dende a entidade veciñal.
A ravés do seu presidente - José Fernando Carrillo Ugarte - a asociación de veciños sinala que fai 17 anos que se iniciou a redacción do proxectos do PXOU contratandose naquel momento unha empresa espacializada na materia, a cal traballou durante todo este tempo adaptando o proxecto ás novas disposicións legais. Polo que segundo opinan dende a entidade, o proxecto conta con todos os requisitos legais para a súa aprobación inicial.
Segundo indican desde a asociación veciñal, esta situación provocou unha "inseguridade xurídica" entre a veciñanza en canto ao uso do chan. Ademais, moitos veciños están recibindo as novas valoracións dos terreos cunha subida correspondente no Imposto de Bens Inmobles que, nalgúns casos, pasan de pagar 10€ a 200€ por terreos calificados agora como urbanizables, "cando en realidade non son edificables nin reúnen as condicións de chan urbano consolidado", indican dende a entidade de veciños.
Por todos estes motivos, a asociación de veciños de Fisterra solicita que a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través da subdirección xeral de Urbanismo, facilite e axilice o trámite para a aprobación definitiva do PXOU de Fisterra.
Novas relacionadas
- 09-11-16: A asociación de veciños de Fisterra esixe a recollida de aceites usados
- 08-11-16: A asociación de veciños de Fisterra pide o recheo entre a punta do Varadero e a vixía de Santa Cruz
- 27-10-16: A asociación de veciños pide a urxente restauración do retablo da igrexa de Fisterra
- 20-03-16: Os mediadores patrimoniais actúan no conflicto da pintura da igrexa de Fisterra
- 17-02-16: A Asociación de Veciños critica que non fose a pleno a retirada da pintura da igrexa fisterrá
- 9-01-16: Un informe técnico conclúe que o encalado da Igrexa fisterrá foi totalmente arbitraria e inútil
- 8-01-16: As pingueiras volven colocar á Igrexa de Santa María das Areas no centro da polémica.
- Máis de 1300 sinaturas piden que se retiren as pinturas da igrexa de Fisterra.
- A tensión de cor aguamarina invadíu a Igrexa de Fisterra
- 01-12-15: Un libro do CSIC analiza a patrimonialización do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía
- Martiño Nercellas: Sobre a ética e a estética da restauración da Igrexa de Fisterra
- 11-10-15: Veciños e fregueses únense para protexer o patrimonio fisterrán.
- 05-10-15: Indignación en Fisterra pola restauración da Igrexa de Santa María das Areas.
- 25-03-15: Os veciños abuchean a rehabilitación do Santuario de la Virgen de la Barca.
- 9-11-12: O Cabo Fisterra terá que agardar máis dun ano polo seu ambicioso Plan Director.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Asociación de Veciños de Fisterra