Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Asociación veciñal de Fisterra reclama un novo escudo e unha bandeira para o municipio

A Asociación veciñal de Fisterra reclama un novo escudo e unha bandeira para o municipio
Escudo que emprega o municipio de Fisterra nas súas redes sociais Escudo que emprega o municipio de Fisterra nas súas redes sociais Éste é un tema que xa vén da década dos noventa, cando o concello de Fisterra iniciou os trámites para dotar ao municipio dos seus símbolos identitarios - escudo e bandeira -. Agora, é a asociación de veciños "Costa da Morte", con José Fernando Carrillo como presidente, quen reclama que se retomen estes trámites ao ser o municipio "un referente turístico" da comarca. Segundo indica a organización veciñal, o concello está "facendo uso dun anagrama, a modo de escudo municipal, sen base legal algunha".   Novas relacionadas Fonte  

Comentarios