Venres. 03.05.2024
El tiempo

Volve a música á Ventana de Laxe

Volve a música á Ventana de Laxe

Chega o verán e volve a música. Mentres seguimos esperando novidades do Atalajazz, que este ano volve á rúa laxense, podemos curar as nosas gañas de música nun dos garitos que máis aposta polos directos: o Pub A Ventana de Laxe.

I é que poucos son os bares que organizan concertos máis alá do oasis de Carballo, onde hai varias salas que semana tras semana teñen sesión. Se por Fisterra acabamos de descubrir un espacio para a música, por Laxe o recuperamos.

Concertos de xullo 2011

  • Venres 1 de xullo: Los Lombardi + El hombre orquesta.
  • Sábado 2 de xullo: Festa polo 6º Aniversario.
  • Xoves 7 de xullo: Abbey Road, banda laxense que homexea a The Beatles.
  • Domingo 24 de xullo: Skarallaos, ska fresco dende A Coruña.
  • Mércores 27 de xullo: Dr. Gringo, moito rocabili.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios