A Aula CeMit de Fisterra abre novos cursos para seguir formando internautas
08:24 12/04/13
Aberto un novo prazo de inscrición para as novas actividades da Aula CeMit de Fisterra. Unha aula que demostra que a formación en Novas Tecnoloxías é necesaria, pois sempre está a rebentar.
Alicia López, a Axente dinamizadora, preparou xa varios novos cursos, como un de creación e manezo da conta de correo electrónico (14h), outro de Facebook, un de retoque fotográfico, un de recursos de interese na rede, de manexo de usb... Todos xa para os que teñan un coñecemento básico da informática.
Xa poden pedir máis información e reservar de praza no teléfono: 673081740 (Alicia) / 981740001 (Concello) ou no correo [email protected].
Novas relacionadas
- Os maiores de Fisterra recuperan o Casón na rede.
- A rede une ás familias de Muxía.
- Fisterra segue formándose nas TIC.
- O uso das novas tecnoloxías non ten idade.
Fonte
- Aula CeMit de Fisterra, da man de Alicia López.