Mércores. 17.07.2019
El tiempo

A caza volve a Fisterra

A caza volve a Fisterra

Despois da polémica cita de caza do raposo que se viviu en Carnota o pasado mes de xaneiro, a caza volve á costa da Morte. O vindeiro 31 de marzo, o prado de Salgueiro acollerá o IX Campionato Cabo Fisterra de caza de perdiz San Huberto 2019, unha proba puntuable para a Copa Galicia da Federación Galega de Caza.

Un campionato que se fai todos os anos, que xa é unha herencia do PP, e que sempre conta con algo de subvención por parte municipal, a pesar de non ter sido tratado na xunta de goberno entre PSOE e o socio BNG. Un BNG que manifestou xa esta mañá o seu rexeitamento a esta práctica.

Dende a Asociación Ecoloxista Libera e a Fundación Franz Weber denuncian que “o PSOE fisterrán usa o Concello para patrocinar campionatos de caza”, e critican os 750€ que o goberno outorga a esta “cruel práctica en lugar de fomentar as potencialidades do municipio”.

Rexeitamento do BNG

Como fixera o goberno nacionalista de Carnota, o BNG fisterrán quixo desmarcase esta mañá desta cita. “As probas de "San Huberto" son unha clara manifestación de maltrato animal, consistente en liberar perdices engaioladas (ou outras especies) fronte os cans de caza adiestrados e que ante a orde do seu dono competiran para mostrar a súa habilidade no levantamento da presa e facilitar o disparo para abatela. Dende o BNG como cogoberno de Fisterra trasladaremos á próxima xunta de goberno local o noso rexeitamento”, sinala Kuka Sar. “Non imos facer demasiado batifondo e seguiremos gobernando xuntos sen problemas, pero se de aquí en adiante imos seguir gobernando xuntos, hai que ir eliminando cousas como esta”, fixará o BNG na reunión da Xunta de Goberno de mañá.

Novas relacionadas

Comentarios