A comunidade educativa de Fisterra repasou a importancia das ANPAS


A xornada "A LOMCE a debate en Fisterra" de onte foi unha das últimas charlas informativas e de debate a celebrar sobre a "nova" lei de educación, antes da realización das vindeiras mobilizacións (da comunidade eductiva) contra a chamada lei Wert.
Foi un novo éxito de convocatoria, co salón de plenos do concello a tope de nais e pais e membros da directiva da anpa Arco da Vella, o que dá conta da preocupación de toda a comunidade educativa para con este asunto.
Trala presentación inicial da Federación de Anpas da Costa da Morte, acabou a sesión debatindo cunha audiencia moi participativa e cunha directiva da Arco da Vella que lle queda duplo traballo: seguir traballando na anpa e axudar a creala noutros centros educativos da localidade. En Fisterra e no resto da bisbarra.

Da necesidade de crear máis ANPAS
No debate de onte, ademais de falar da LOMCE, das terribles consecuencias da súa aplicación e da necesidade de mobilizarse para paralizala, quedoulles claro aos organizadores a soidade das familias nos centros escolares onde a comunidade educativa non ten anpa constituída. Son moi necesarias as anpas, que estas estean coordinadas entre si ou federadas; e que as federacións manteñan relacións con outras, polo menos entre as máis activas (e que na súa práctica defendan o ensino público e de calidade, non como un servizo subsidiario).
Así ben, queda pendentes a Fedanpa dunha cita informativa en Cabana no marco das xornadas "A LOMCE a debate", pero xa pensan no Calendario de mobilizacións, que comezaba onte entregando ao Conselleiro de Educación coa Plataforma en Defensa do Ensino Público, un comunicado para que o Goberno galego presione ao Goberno do Estado para a non aprobación da LOMCE, por ser "unha lei recentralizadora, clasista, clerical, sectaria, antigalega e segregadora".
Estas son as seguintes accións da Plataforma:
- 5 de xuño ás 11:30 h. en San Caetano: Concentración diante da Consellería de Educación. Simulación de “apertura” dun expediente disciplinario ao Ministro Wert, habida conta do seu “maltrato ao ensino público”, mediante o cal “será expulsado” do propio Sistema Educativo.
- 13 de xuño de 19 h. a 20 h.: Acto contra a LOMCE nas diferentes comarcas do país que consistirá na lectura de diferentes textos por persoeiros das diferentes localidades, así como actuacións musicais e outras accións.
- Último claustro do curso: A Plataforma Galega en defensa do Ensino Público (na que a FEDANPA integrada) instará aos diferentes claustros dos centros educativos para que no derradeiro claustro deste curso académico saquen unha resolución en contra da LOMCE e dos recortes no ensino público deste país.
- Mocións nos concellos: Solicitaráselle aos grupos municipais dos diferentes concellos de Galiza que demanden, nos respectivos plenos municipais, a aprobación dun texto solicitando a non aprobación da LOMCE para que se faga chegar ao conselleiro de Educación.
- San Xoán: Transmitiremos as nosas reivindicacións ás diferentes vilas, cidades e aldeas, co fin de que nas cacharelas do país se “queime a LOMCE” de xeito simbólico.
- Coincidindo co debate parlamentario da LOMCE: Levarase a cabo unha Marcha a Compostela dende diferentes localidades e comarcas do país, percorrendo a pé os últimos quilómetros, cando menos, dende as catro estradas máis importantes de acceso a Compostela (Ourense, Lugo, Pontevedra, A Coruña).
Novas relacionadas
- As Anpas seguen informando das consecuencias da LOMCE en Vimianzo e Fisterra.
- A histórica folga do ensino ao completo chega aos CEIP e roza o 90% de seguemento.
- A comunidade educativa para ao completo contra a LOMCE.
- Novas citas contra a LOMCE en Cee e Vimianzo.
- Peche costeiro contra a reforma e os recortes en educación.
- Bergantiños sae á rúa.
- A Costa da Morte tamén loita contra o copago nos comedores escolares.
- Os pais e nais da Costa da Morte envían unha carta de preocupación ao Conselleiro ante os orzamentos de educación.
- A ANPA do Agra Raíces pide unión da comunidade educativos nos peores momentos do ensino público.
- A bitácora da semana (CCI): A Federación de Anpas da Costa da Morte.
- A Fedanpa convoca unha concentración polo Ensino Público na capital de Bergantiños.
- As ANPAs propoñen un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros.
- As Anpas da Costa da Morte propón un programa de reutilización de libros de texto.
- A Federacións de ANPAs da Costa da Morte estréase cunha dura crítica á LOMCE.
- 17-10-12: A mocidade da Costa da Morte tamén se rebela por un ensino público.
- 10-05-12: A folga do ensino déixase notar nos centros da Costa da Morte.
Fonte
- Información da FEDANPA.