A demolición de edificios ilegais faise realidade
A comezos de mes coñeciamos que dous hoteis ilegais estaban sendo derrubados en Muros. E a pasada semana tiña lugar unha nova demolición en Fisterra. É posible tirar abaixo casas ilegais. Aínda que leve que tempo, é posible. O comprobamos cas 3 casas sen rematar do lugar da Insua, en Mar de Fóra, que xa denunciabamos no 2008, que no 2010 recibían a orde de demolición, e que este xaneiro recibía unha multa de 400.000€, que se reabaixará no 80% co derrubo efectivo.
Unha multa imposta ao Concello por “un delito urbanístico moi grave" polo que preguntaba o BNG no pleno, considerando ao grupo de goberno o culpable da situación pola “a falta de PXOM e a irresponsable xestión urbanística da alcaldía baseada no “ti vai facendo” (case en clave de entroido) págase agora con durísimas consecuencias”.
Os traballos de demolición comezaban a semana pasada, e parece que as administracións non quere que se visibilicen demasiado. Así, a virxe praia de Mar de Fóra, sen ordenación algunha aínda a día de hoxe, praia quedará sen 3 vixías que parecían estar demasiado preto das dunas, e sobre todo, sen licencia.
Novas relacionadas
- 03-03-14: Dous hoteis ilegais demolidos en Muros.
- O BNG culpa ao goberno municipal da multa urbanística en Mar de Fóra.
- 400.000 de multa urbanística por unha vivenda ilegal Fisterra.
- 2010: Nova orde de derribo para 3 casas en Fisterra.
- 2008: Fotodesfeita: Casas invadindo a praia de Mar de Fóra.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).