A denominación de orixe da Costa da Morte triunfa no Forum Gastronomic de Girona
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2011/09/29/Os-cocineiros-fisterrans-no-Forum.jpg)
09:55 22/02/11
![Os cocineiros fisterrans no Forum](/media/quepasanacosta/images/2011/02/21/Os-cocineiros-fisterrans-no-Forum.jpg)
Un produto con denominación de orixe
A intención da corporación costeira era clara: amosar os segredos do xénero e probar de seguido os resultados. Pero cunha clara aposta pola relación entre produto e o seu lugar de orixe, que, segundo Piñeiro, "demostra que xa comeza a estenderse a idea de que o produto da Costa da Morte é de calidade”. Aí estiveron os percebes do Roncudo, inconfundibles en todo o mundo por ese tamaño, que serviron para presentalos marinados. Os cociñeiros fisterráns tamén fixeron paté de Longueirón, unha novidade que non pasou desapercibida en toda a sala. Ademais os asistentes comprobaron a través de dous vídeos sobre a extracción do percebe e o longueirón a dificultade que entraña o traballo dos e das mariscadoras da Costa da Morte. Todos os produtos foron maridados con viños galegos de produción limitada, como o Finca Teira ou o Ladeiro cos que Fran Insua pretendeu enxalzar os produtos da nosa costa. Concretamente estes foi o menú presentado:- Percebes marinados con Tricó 2008 (D.O. Rías Baixas)
- Paté de Longueirón, marinado con Landairo Barrica 2008 (D.O. Monterrei)
- Longueirón en escabeche de verduras, marinado con Landairo Barrica 2008 (D.O. Monterrei)
- Embutidos artesáns da Costa da Morte, marinados con Finca Teira 2009 (D.O. Ribeiro).
Novas relacionadas
- Dous cociñeiros de Fisterra ensalzan o marisco da Costa no Forum Gastronomic de Girona.
- A Costa da Morte exhíbese no Forum Gastronómico de Comppostela 2010.
- APTCM busca unha rede de contactos estables para comercializar a Costa como destino turístico.
- Xornalistas especializados de toda a península coñecen os tesouros da Costa.
- Cataluña si quere saborear Muxía.
- Fitur volve coñecer varias Costas da Morte.
Máis novas
- Xornadas Cómete o Mar: As cocochas de bacallau e berberechos do corcubionés Rafa Fuentes foron as vencedoras do concurso Cómete o mar.
- Xornadas Cómete o Mar: A Costa sabe degustar o seu mar.
- Lira abandeira a presencia galega na Feira de Turín, a máis importante da Slow Food .
- Presentación do Convivium Galicia da Slow Food: A Costa comeza a “xantar de vagar”.
Fonte
- Nota de prensa da APTCM.