Mércores. 01.04.2020
El tiempo

A Deputación asina co concello de Fisterra as obras de melloras en San Martiño de Arriba

A Deputación asina co concello de Fisterra as obras de melloras en San Martiño de Arriba
Xose Regueira e Jose Marcote asinaron o convenio de colaboracion entre a Deputacion e o concello de Fisterra Xosé Regueira e José Marcote asinaron o convenio de colaboración entre a Deputación e o concello de Fisterra Se o pleno da Deputación da Coruña aprobaba recentemente o Plan de Obras e Servizos (POS) 2016, que financiará 210 obras nos 93 concellos da provincia, onte o deputado de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira e o alcalde do concello de Fisterra, José Marcote, asinaron onte un convenio polo que a Deputación financia con 38.400 € a reforma de infraestruturas en San Martiño de Arriba. A Deputación da Coruña contribúe con 38.400 € á reforma de infraestruturas en San Martiño de Arriba, no concello de Fisterra. O orzamento total da contrata da obra ascende a 48.000 € dos que a Deputación, como consta no convenio de colaboración asinado, achega o 80%. O convenio ten vixencia até o 1 de novembro de 2017, prazo que se establece tamén como remate das obras, a non ser que se solicite unha prórroga con antelación. O importe do financiamento inclúese no orzamento da Deputación do ano 2016.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios