Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Anchoa celebra 15 de música galega na fin do mundo

A Anchoa celebra 15 de música galega na fin do mundo
XV Festa Folk na Fin do Camino Fisterra 2013

Xa van 15 anos achegando música folk á fin do mundo. E precisamente con ese obxectivo nacía a Festa Folk na Fin do Camiño aló polo ano 98: potenciar Fisterra como Fin do Camiño Xacobeo.

Un propósito que pode que teña data de caducidade, i é que "sen recursos non podemos medrar", como indica Socorro Insua, unha das promotoras da Asociación Anchoa, que insta ás administracións a arrimar o hombreiro e apoiar un dos festivais que mellor promociona a vila do Cristo como punto de chegada de milleiros de peregrinos.

Este 2013 chegan 4 bandas da casa, 4 bandas galegas, e que cantan en galego, loitando pola cultura do país. 4 grupazos como son Estimaba que viñerasOs Tres TrebónsChotokoeu e A Compañía do Ruido. As tres primeiras quedaron o ano pasado coas gañas de saltar ao escenario pero a chuvia empapou a música e non puideron saír.

Con sorpresas

DJ Hadri Hache pora musica de fanfarria na Festa Folk da Fin do Camino

Ademais, este ano hai unha sorpresa espectacular para o fin de festa. Ademais da popular queimada, os asistentes poderán ficar toda a noite bailando con Dj Hadri Hache, que ademais de tocar en Chotokoeu, ten boa música para que ninguén deixe de baixar. Pero nada de zapatilla, música festexeira en clave de fanfarria, balcánica, moito rollo ska... para pechar a noite e tamén entre grupo e grupo.

Un festival, que lembren, é de balde, e ao que cómpre acodir sen botellón para consumir e consumir.

Unha tarde completa

E precisamente haberá de todo para que non falte de nada. Os "Campantes da Baña" andarán pola Festa amenizando a "sesión vermu", i é que dende ás 13.00 horas, xa se pode ir quentando coa degustación de empanadas, mexilóns, longueiróns, chourizos ao viño, xamón asado, orella...

Coa praia Langosteira a un paso, sempre hai tempo para escaparse a dar un baño e voltar para disfrutar da tarde de inchables para os máis pequenos e xogos tradicionais para todos nais, pais, avós, avoas, fill@s, neto@s ... E que boa a recuperación do patrimonio lúdico galego, cos xogos que van artellar como a billarda, a rá, os bólos, a chave, a petanca, a tornela, a arilla... que practicamente non hai moito os veciños de Fisterra e que agora ás novas xeracións nin lles soan con tanta wii...

"Os máis millores", o novo himno da Anchoa

E xa estamos aprendendo o himno na Festa da Anchoa. "Os máis millores", con letra de Manuel Nemiña (Manolo do Xinete) e música de Xurxo Souto (dos Tres Trebóns), que nola envía para que vaiamos practicando e que cando soe da man de toda a banda caia abaixo toda Fisterra!

Anchoa estamos en gherra!!

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Por vivir: Xa vividos:

Outras novas festexeiras

Fonte

Comentarios