Luns. 29.04.2024
El tiempo

A parroquia fisterrá de Duio está de San Vicente con Campo da Festa novo

A parroquia fisterrá de Duio está de San Vicente con Campo da Festa novo
Xa hai máis de 20 anos que non se celebra a festa de San Vicente de Duio, unha das máis famosas de Fisterra por aqueles anos. Este ano a AAVV de Duio decidiu retomar o asunto e poñela en marcha de novo. A festa será este sábado 22 de xaneiro no lugar de Duio, onde comezarán os actos desde a mañá, coa misa solenme ata a noite coa gran verbena a cargo das orquestas Versalles, Estrellamar e o grupo revelación Filloas Stone. Será toda unha noite cargada de música e diversión pero por se esto fora pouco o domingo os pequenos da casa desfrutarán dunha tarde cargada de xogos e música, onde, durante 3 horas, de 15:30 a 18:30 horas brincaran sobre unha pista americana xigante e outros hinchables para idades menores. Dende a Asociación convidan a todo o mundo a que este fin de semana de bo tempo se acerquen a zona a desfrutar da festa.

Ademais a Administración local acondicionou unha masa común para poder realizar a festa. Xa están proxectando a realización de esa zona para convertela cun campo de ocio acondicionado como unha área de descanso e nun futuro un campo de festas.

Máis información

Fonte

  • Concello de Fisterra.

Comentarios