"A polisia sempre é boa"
Estas son as palabras que, segundo un familiar do fisterrán Guillermo Marcote Traba, este pronunciou cando lle explicaron que ía entrar no cárcere. I é que a familia do detido esta semana polo asasinato de Antonio Insua Canosa fai catro anos e medio, sostén que el non é o culpable.
Van máis aló e denuncian que "a detención foi froito das coacción sufridas durante o interrogatorio que lle fixeron na Coruña".
Dinos o familiar que Guillermo sofre unha minusvalía psíquica, recoñecida polo servizo de saúde co correspondente certificado. Explican así que o detido non soubese respostar ás coaccións da policía para firmar unha declaración que o inculpase por parte dos corpos de seguridade do Estado que encargáronse do seu interrogatorio na Coruña.
Segundo nos relataba o familiar, "Guillermo foi privado da súa medicación, no lle deron comida nen auga e non lle proporcionaron un abogado".
Comentan tamén que lle dixeron que "se firmaba o papel coa declaración, non lle pasaría nada e que lle deixarían fumar e tomar as pastillas; e que se non o facía, ía ir 20 anos ao cárcere".
Cando saíu do xulgado, os familares dixéronlle a Guillermo que ía ir preso por ter firmado ese papel, ao que Marcote Traba contestou: "Pero se fixen o que me dixo a policia, e a polisia sempre é boa", pensaba en alto o fisterrán.
Ante esta situación, a familia de Guillermo comenta que este mesmo luns 3 de outubro van presentar ante o xulgado un recurso ante o auto de prisión do fisterrán co fin de denunciar estes feitos e conseguir que Guillermo saia do cárcere, xa que sosteñen que é inocente.
O caso non está para nada pechado, e "se é verdade que foi un asasinato, un asasino anda solto", razonaba a familia do detido.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).