Sábado. 22.01.2022
El tiempo

A Semana Santa de Fisterra 2017 xa ten cartel

A Semana Santa de Fisterra 2017 xa ten cartel
Cartel Semana Santa FIsterra 2017

Este domingo foi especial en Fisterra. A Xunta de Confrarías da Semana Santa celebraba un acto na Igrexa parroquial de Santa María das Areas de Fisterra para presentar o cartel anunciador da Semana Santa de Fisterra 2017. Foi o presidente da Xunta, Felipe Castro, o que primeiro salientou o traballo que se leva realizando estes 4 anos, nuns actos que involucran a unhas 2.000 persoas na vila do Cristo. Foi o portavoz, Javier Trillo, o que explicou e presentou o cartel e os eventos desta Semana Santa.

Xunta de Confrarias da Semana Santa de Fisterra 2017

O cartel reflexa o día máis importante da Semana Santa de Fisterra, a Resurrección de Xesus, escenificación que se leva a cabo en Fisterra o Domingo de Pascua dende o s. XIV e que xunto o Venres Santo son as xoias da Semana Santa de Fisterra.

As datas fortes serán do venres 14 ao luns 17 de abril, comezando as procesións o Venres das Dolores, o 7 de abril.

Programa Semana Santa Fisterra 2017  

Festa de Interese Turístico

Triptico Semana Santa Fisterra 2017

A Xunta de Confrarías segue loitando e traballando para conseguir o necesario para que a Semana Santa de Fisterra sexa declarada de Interese Turístico Nacional. Xa está entregado un completo dossier de 4 tomos e 600 follas nas que se relata e ilustra o arraigo, tradición e difusión da Semana Santa de Fisterra. Ademais, están pendentes de conseguir reportaxes de medios importantes a nivel nacional para dar ese salto mediático fundamental para esta clase de distintivos.

Ao finalizar o acto tamén se reproduciu un vídeo promocional da Semana Santa de Fisterra que xunto co cartel será o que se promocione durante este 2017 por toda España.

 

Novas relacionadas

Fonte

comentarios