A Semana Santa de Fisterra xa ten programa e vídeo promocional
Xa non queda nada para as Festas do Cristo. O pasado domingo tivo lugar a presentación do cartel da Semana Santa de Fisterra 2016 así como o vídeo promocional co que a Xunta de Confrarías promocionara a Semana Santa de Fisterra 2016.
O cartel é o reflexo dun dos actos vivientes máis importantes que se celebran na Semana Santa Fisterrana, o acto de Desenclavo.
O acto tivo gran aceptación de público no que interviñeron o portavoz da Xunta de Confrarías, Javier Trillo, o presidente, Felipe Castro e o alcade de Fisterra José Marcote. Os 3 destacaron a importancia da Semana Santa en Fisterra polos actos vivientes e procesións que nela se celebran.
Houbo agradecimientos para a Obra Social Nosa Señora do Carmen e para José Carrillo pola colaboración coa Xunta de Confrarías coa achega de documentación fotográfica para poder levar a cabo o dossier que se presentou para que a Semana Santa de Fisterra e as Festas de Santísimo Cristo sexan declaradas de Interese Turístico Nacional. Da mesma xeito, o agradecimiento ao Concello de Fisterra e do departamento de Cultura do Concello de Fisterra, pola colaboración.
Unha mención especial tamén por parte do Felipe Castro, para D. Luciano e para todas as xentes de Fisterra que traballaron para levantar a Obra Social Nosa Señora do Carmen, tesouro da educación en Fisterra.
Tamén as festas
Este ano a Xunta de Confrarías asume un novo reto, facerse cargo da Comisión das Festas de Santísimo Cristo de Fisterra, reto que afrontan con ilusión e con moitas gañas pero que tamén será máis traballo que agora comeza a súa conta atrás.
Xunta de Confrarias de Fisterra-Foto-Jorge ParriNovas relacionadas
- Festas do Cristo 2015: Fisterra estreou con gran éxito a nova imaxe da Borriquita no comezo da Semana Santa
- A Semana Santa de Fisterra foi distinguida por manter vivas as tradicións seculares.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Festas do Cristo 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- Festas do Cristo 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama “montou un bo cristo” en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: “A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).