Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A tensión de cor aguamarina invadíu a Igrexa de Fisterra

A tensión de cor aguamarina invadíu a Igrexa de Fisterra
Visita de Portela a Fisterra-Foto-Dario Gomez 3 Visita de Portela a Fisterra cos arcos da discordia ao fondo-Foto-Darío Gómez Mañá tensa a vivida o pasado venres na Igrexa de Santa Marías das Areas de Fisterra. A polémica xurdida pola restauración do centro relixioso por excelencia da vila do Cristo tiña un episodio clave coa reunión entre veciños e fregueses cos responsables da obra, o arquitecto César Portela, e o responsable de Patrimonio da Xunta. O ambiente foi tan estresante que ata o alcalde tivo que tomar a palabra para calmar os ánimos e pedir á xente que, cando menos, escoitase o que tiñan que dicir os técnicos. Porque Portela tivo que ameazar con marchar porque apenas podía falar entre abucheos e mesmo insultos. Visita de Portela a Fisterra-Foto-Dario Gomez 4 Volveu explicar que os arcos e a bóveda se pintaron de “aguamarina”, a súa cor fetiche, por varias razóns: recordou que tempos antigos a pedra estaba pintada, e ademais das correntes de aires, o feito de pintar a pedra serve tamén para evitar humidades e manter a pedra viva, ademais de darlle “alegría” ao centro de culto.   Visita de Portela a Fisterra-Foto-Dario Gomez Visita de Portela a Fisterra-Foto-Dario Gomez Son razóns que xa sabían os veciños, e para nada quedaron convencidos, se ben unha parte do pobo fisterrán xa asumiu que a obra vai quedar así. Os que estiveron alí presentes protestaron o feito de que non se consultou á veciñanza esta “importante acción sobre o noso máis importante lugar de culto”. “Portela non esperaba a reacción dos Fisterra, e a estreita ligazón dos fisterráns coa Igrexa, coa elixión, coa Semana Santa…” explícanos un dos veciños, José Insua. “É un tema de sentimentos, porque alegan que aí vivimos momentos que non se esquecen, como bodas, bautizos ou funerais”. Recordaron ademais que o propio Portela sempre fala de “participación cidadá” e lamentaron a actitude chulesca do recñecido arquitecto. Foi especialmente tenso o momento no que unha veciña, Alicia Bujeiro, estudiante de Historia de Arte, preguntáballe se habería que pintar o Partenón pola mesma razón pola que se recuperou a cor para os arcos e as bóvedas: [fbvideo link="https://www.facebook.com/100005713080940/videos/407797266087373/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios