A Xunta anuncia a demolición das 3 casas ilegais de Mar de Fóra
Xa anunciabamos a mediados de mes que a demolición de edificios ilegais facíase realidade en Fisterra. De feito, os datos de 2013 reflicten un incremento moi considerable das demolicións que voluntarias que no pasado ano aumentaron un 39 por cento respecto ao 2012.
Pero nos chamaba a atención que as administracións non deran conta dun suceso tan importante. Hoxe, para calarnos, a Xunta envía unha nota de prensa anunciando que as tres construcións unifamiliares no Lugar de Mar de Fora, no Concello de Fisterra, foron demolidas polos seus propietarios. Deste xeito, o Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) acordou reducir nun 80% o importe do conxunto das sancións interpostas por delito urbanístico no concello fisterrán. Un recorte que permite un aforro de 835.000 euros aos tres afectados, pois as sancións de 400.000, 366.667 e 105.000 euros quedan reducidas á 12.000 euros.
Lembra a Xunta que "as edificacións eran obras realizadas sen licenza e sen autorización autonómica en solo rústico de protección de costas que constitúen unha infracción urbanística tipificada pola lei como moi grave".
Novas relacionadas
- 12-03-14: A demolición de edificios ilegais faise realidade.
- 03-03-14: Dous hoteis ilegais demolidos en Muros.
- O BNG culpa ao goberno municipal da multa urbanística en Mar de Fóra.
- 400.000 de multa urbanística por unha vivenda ilegal Fisterra.
- 2010: Nova orde de derribo para 3 casas en Fisterra.
- 2008: Fotodesfeita: Casas invadindo a praia de Mar de Fóra.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).