Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta lembra en Fisterra as axudas abertas para establecimentos do Camiño

A Xunta lembra en Fisterra as axudas abertas para establecimentos do Camiño
Ovidio Romero con Pepe Formoso nas obras do Bela Fisterra Ovidio Romero con Pepe Formoso nas obras do Bela Fisterra, en presencia do alcalde Pepe Marcote, e do voceiro do PP local José Traba

Ata Fisterra achegouse o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, para vistar as obras dun novo establecemento hostaleiro, o Bela Fisterra. Un deses establecimentos que conta coas axudas das administracións e que abrirá a partir da vindeira primavera as súas 16 habitacións. Romero escoitou os pormenores do proxecto do empresario Pepe Formoso, e sinalou que “a Costa da Morte ten todos os requisitos para lograr incrementar o peso do sector turístico na súa economía e na súa sociedade, polo que mediante investimentos e subvencións como estas a Xunta de Galicia traballa para facer desta comarca un destino turístico competitivo, sustentable e diferenciado a nivel global”.

Aproveitou para lembrar que a Xunta inviste 700.000 euros no camiño Fisterra-Muxía. Por un lado, Turismo de Galicia ten aberto ata o 23 deste mes de febreiro o prazo para que entidades privadas soliciten axudas para actuacións de mellora das infraestruturas dos aloxamentos turísticos. Esta liña de axudas conta cun orzamento xeral de 500.000 euros.
As actuacións deberán estar orientadas a incrementar a accesibilidade, mellorar as instalacións para obter a Q de Calidade Turística, incrementar a categoría do establecemento, medidas de aforro enerxético, modernización xeral das instalacións ou renovación dos equipamentos mobles.

Tamén está en prazo a liña de axudas para fomentar a cooperación entre pequenos operadores turísticos para colaborar na organización de traballos conxuntos e compartir recursos do cara ao desenvolvemento e á promoción do turismo de carácter innovador. O prazo para solicitar esta subvención está aberto ata o 28 de febreiro e o orzamento é de 666.667 euros.

Fonte

Comentarios