ADEGA convoca unha nova xornada de Eliminación de Especies Invasoras no Rostro

Non falla a Asociación Ecoloxista ADEGA, que co gallo do Día Mundial dos Humidais, organiza unha nova xornada de Eliminación de EEI na praia do Rostro, en Fisterra. A acción de voluntariado ambiental desenvolverase o vindeiro sábado 1 de febreiro de 2020, no marco da loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra.
A acción centrarase en eliminar as especies de Yucca gloriosa e Vinca spp. alí presentes.
A sesión comezará ás 10:30h cunha introdución ambiental que serve tamén para darlle valor á riqueza biolóxica da zona. Serán 4 horas de eliminación da flora exótica, antes de xantar, e para rematar, xa ás16:00h farase un pequeno roterio polas microrreservas de flora.
A actividade é gratuíta e o voluntariado contará cun seguro de accidentes e a mantenza. É preciso inscribirse: ramses@adega.gal, 981 57 00 99 ou 616 238 050.