Luns. 29.04.2024
El tiempo

A alcaldesa de Fisterra, xa con soldo, busca financiamento coa Deputación para a construción dunha senda litoral na praia do Rostro

Alcaldesa de Fisterra na Deputacion
A alcaldesa de Fisterra, xa con soldo, busca financiamento coa Deputación para a construción dunha senda litoral na praia do Rostro

Á cuarta conseguiu a alcaldesa de Fisterra aprobar a súa dedicación. Despois das negativas de PP e PSOE nos tres primeiros plenos da lexislatura, parece que dan os seus froitos as últimas reunións a tres, e PSOE votou, xunto co BNG, a favor do soldo da rexedora. 

Así, Áurea Domínguez visitou por primeira vez esta mañá de martes ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para solicitar o apoio técnico e financiero da Deputación para o proxecto do seu goberno de construír unha senda duns 3,3 quilómetros de lonxitude que discorerría á beira dunha estrada de titularidade municipal paralela ao litoral da praia do Rostro. O proxecto inclúe tamén a renovación do firme do vial existente e supón un elevado investimento de 1 millóns de euros.

Formoso sinalou que podería ter encaixe nas convocatorias de fondos europeos destinadas a entidades locais para impulsar a economía baixa en carbono e a mobilidade sostible, polo que ofreceu a colaboración e experiencia  da Oficina Next Deputación para buscar o posible encaixe do proxecto nestes plans de financiamento europeo. 

Comentarios