Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aparatoso accidente en Fisterra

Esta pasada noite tamén se rexistrou un accidente en Esteiro
IMG-20210619-WA0004
O helicóptero medicalizado na zona do accidente
Aparatoso accidente en Fisterra

Este mediodía de sábado, pasadas ás 13:00h, tivo lugar un accidente en Hermedesuxo de Abaixo, Fisterra. Un vehículo sufría unha saída de vía, e bateu nun poste de formigón da electricidade quedando transversal a estrada coa parte dianteira sobre do muro de
terra que fai de peche dunha finca. 

No vehículo viaxaban catro persoas en total, tres saíron polo seu pé e esta que tivemos que excarcerar para saír, non podía pola deformación do vehículo e a posibilidade de lesións graves.

Os Bombeiros tiveron que retirar o teito para excarcerar á acompañante, que foi trasladada, ferida leve, o hospital nunha ambulancia do 061.

Acodiron Protección Civil de Fisterra, Ambulancia do 061, Garda Civil de Tráfico, Helicóptero 061, Bombeiros Cee.

Accidente en Esteiro

Accidente en Esteiro

Este venres pola noite, arredor das 22:50h, tiña tamén lugar un accidente en Esteiro (Muros), na AC550. Afortunadamente non houbo que lamentar danos de gravidade, só dous ocupantes evacuados con feridas leves.

Comentarios