Aparece un alemán morto nun piso en Fisterra
14:28 29/06/15
Menuda xeira cos alemáns na Costa da Morte. Hai 10 días aparecía o corpo do peregrino que desaparecera o pasado mes. E hoxe, a vila do Cristo amencía tamén en estado de shock.
Aparecía un home morto no seu piso, no Edificio Rosalía da Rúa Cabello, en fronte da Cruz de Baixar. Un veciño alertou a Policía Local tras 4 ou 5 días sen velo, e tras alertar á Policía Xudicial, entraron en casa e comprobaron que estaba morto.
O alemán levaba xa uns anos na vila fisterrá. Por agora, se descoñece os motivos do falecemento.
Novas relacionadas
- 18-06-15: Tarde tráxica: Un falecido na praia do Ézaro e aparece un cadáver no mar de Fisterra.
- 01-06-15: Desaparece un novo peregrino no mar de Fisterra.
- 06-02-15: Aparece o corpo dunha muller nas rochas do Cabo Fisterra.
- 17-12-14: Un pequeno naufraxio en Camariñas dá conta da feracidade do mar.
- 16-12-14: Salvamento Marítimo consegue rescatar ao capitán dun remolcador preto do Cabo Vilán.
- Superando o primeiro temporal de mar.
- 13-12-14: Rescatados os tripulantes do Pesqueiro Camarón na ría de Muros.
- A do Vilán, a onda máis alta da historia.
- 07-01-14: O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte.
- 09-09-14: As praias de Soesto e Laxe volveron colocar a Costa no centro do surf galego.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).