venres. 09.05.2025
El tiempo

As anpas galegas reclaman un maior compromiso co ensino público

As anpas galegas reclaman un maior compromiso co ensino público
A confederacion de Anpas Galegas celebrou unhas xornadas a pasada fin de semana en Fisterra A confederación de Anpas Galegas celebrou unhas xornadas a pasada fin de semana en Fisterra Despois dunha intensa fin de semana, a Confederación de Anpas Galegas fai balance das xornadas que tiveron o pasado sábado e domingo en Fisterra baixo o nome “Anpas Galegas na Fin do Mundo”. Nelas participaron, ademais dunha boa cantidade de familias, as as concelleiras de educación de Vigo, A Coruña, Pontevedra, Carballo e Fisterra, e o concelleiro de educación de Ferrol. "Se xulgamos pola poboación dos seus respectivos concellos, estivemos alí representados pouco menos dun terzo dos cidadáns galegos, e se pensamos nas Federacións de Anpas representadas aínda representamos a máis xente", aseguran dende a organización. Unha das principais conclusións ás que chegaron os diferentes participantes das xornadas - dentro das diferenzas políticas e ideolóxicas - foi en canto á atención que a Xunta de Galicia presta ao ensino público que segundo eles concluiron "é a mínima posíbel". "Todo o que non sexa ensino regulado non existe para a Xunta, todos eses centos de programas que hai nos concellos, porque a Xunta non atende nin de moi lonxe ás necesidades e demandas reais da sociedade, son excesos orzamentarios e competenciais que deben afrontar pola pasividade da administración que debería desenvolvelos; e aquí falamos tanto dos servizos de comedores, ou atención para a conciliación cos programas de actividades extraescolares polas tardes, como das escolas infantís, ou das múltiples escolas de música, teatro ou deportes que estas administracións máis pequenas están realizando con dificultades", apuntan dende a organización. Outras actividades  Pola tarde do sábado os participantes nas xornadas "Anpas Galegas na Fin do Mundo" tiveron a ocasión de formarse en educación emocional; un tema de enorme interese para as familias. A xornada do domingo aproveitarona para coñecer camiñando unha parte do concello de Fisterra.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Anpas Galegas

Comentarios