Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O cementado da rampa de pedra do porto de Fisterra chega ao Parlamento Galego

Daniel Perez e Kuka Sar na rampa do porto de Fisterra
Daniel Perez e Kuka Sar na rampa cementada do porto de Fisterra
O cementado da rampa de pedra do porto de Fisterra chega ao Parlamento Galego

Criticaba Kuka Sar hai 15 días o asfaltado dunha das rampas de pedra do porto de Fisterra. A historia xa vai camiño do Parlamento Galego, da man de Daniel Pérez. O deputado carballés do BNG recolle o malestar veciñal para pedir que Portos de Galicia teña máis coidado co patrimonio da zona.

Agradecen dende o BNG que, tras anos de reivindicacións, Portos asuma o inicio dos trámites para que unha serie de terreos portuarios pasen a ter titularidade municipal, e permitan un uso máis axeitado aos tempos de hoxe.

No marcos desta renovación, Portos comezaba unha serie de actuacións no peirao fisterrán, como renovación integral do pavimento dos pantaláns, fingers e accesos a esas instalacións; ou a reparación das dúas baixadas de descarga do porto.
Unhas obras necesarias, pero o cementado dunha desas rampa de lousa para o BNG trátase dunha “desafortunada execución”.

”Hai que ter en conta que, antes da obra reparación, estas baixadas estaban con lousas irregulares en pedra de granito avermellado sen pulir, sendo parte da obra construtiva orixinal do peirao dos anos 50, que coma parte do conxunto conformaban unha estrutura construtiva harmoniosa, típica e respondendo a unha arquitectura mariñeira tradicional. Este lousado das baixadas portuarias foron un recurso empregado tradicionalmente na construción das baixadas dos portos galegos dende fai centos de anos, e a día de hoxe, séguese a recorrer a este tipo de solución para a construción de pavimentos pola súa funcionalidade á hora de evitar futuras superficies esvárantes ou de esborrexer, pero tamén por motivos estéticos”.

”Entendemos que esta desafortunada intervención de cementado vulnera varia normativa de protección, unha referida á de ordenación do litoral, e outra a de Patrimonio Cultural".

Rampa do peirao de Fisterra antes do cementadoAsí era a rampa

Novas relacionadas

Comentarios