Domingo. 16.02.2020
El tiempo

Atopan o corpo dun home no Camiño a altura da praia de Arnela

O finado apareceu no camiño da praia de Arnela
O finado apareceu no camiño da praia de Arnela
Atopan o corpo dun home no Camiño a altura da praia de Arnela

Dous peregrinos alertaban ao 112 este mediodía de venres 7 de febreiro da presencia, dun corpo sen vida dun home preto da praia de Arnela, en Fisterra.

Segundo a Policía Local, podería tratarse dun peregrino (tiña unha mochila ao seu carón) ou un camiñante do Camiño dos Faros. Ademais, indican que o corpo xa estaba en avanzado estado de descomposición, polo que é posible que leve varios días falecido.

Ao ligar tamén acodiron a Garda Civil, Protección Civil e os Servizos Sanitarios.

comentarios