Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Atopan unha muller de 47 falecida na súa casa en Fisterra

  • Dúas persoas tiveron que se tendidas tras o incendio dun piso en Laxe
Imaxe do incendio de Laxe
Imaxe do incendio de Laxe
Atopan unha muller de 47 falecida na súa casa en Fisterra

Eran arredor das 13:00h do sábado, cando varias veciñas alertaban ao 112 porque facía 3 días que non vían a unha veciña, pero había luces na casa e un can ladrando no interior. Os Bombeiros acodiron ao lugar e accederon ao interior a través da apertura dunha ventá. Lamentablemente atoparon a muller, de 47 anop, falecida, e a un can que se achegou docilmente.

Incendio en Carballo

Xa pola noite, arredor das 20:30h, foron os Bombeiros de Carballo os que tiveron que desprazarse á Avenida Isidro Parga Pondal de Laxe, por un incendio nunha vivenda do 2º andar dun edificio de 3 alturas. Na chamada indican que o alertante informou dunha explosión e seguidamente o incendio do piso; advirten de que pode haber persoas no interior.

O primeiro en chegar foi un veciño e voluntario de Protección Civil que paseaba coa familia pola zona, e cando escoito o estoupido se lanzou a apagar o lume cos extintores do Restaurante Zurich. Ademais, conseguiu sacar ao veciño á rúa.

Cando chegaron os bombeiros do GES de Ponteceso o lume xa estaba extinguido. O lume afectou aos mobles da cociña e os efectos da explosión chegaron a afectar ao salón, onde derrubou o ventanal e tamén a un dormitorio onde prendeu o lume na roupa da cama e no colchón.

A persoa afectada, única usuaria desa vivenda, foi rescatada do interior por un veciño que lle axudou a sair. Estas 2 persoas foron atendidas no punto polos sanitarios da ambulancia pero non precisaron traslado.

Comentarios