A Aula CeMIT de Fisterra ofrece un novembro sobre Intelixencia Artificial para o día a día
08:19 04/11/24
Novembro cargado de actividades na Aula CeMIT de Fisterra. Varias actividades formativas de balde para todas as idades, da man da técnica Alicia López.
Este xoves 7 de novembro arrincan as sesións co Curso de Intelixencia Artificial para o día a día, tendo a segunda quedan o martes 12.
Tamén haberá unha charla sobre seguridade na rede, e outro curso práctico sobre IA.
A Aula axuda tamén cos exames oficiais COMIDX e os de teleformación CeMIT.