Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Blues contra o covid na fin da terra

Kuka Sar, Jose Marcote e Javi Turnes na presentación do Fisterra Blues Experience
Kuka Sar, Jose Marcote e Javi Turnes na presentación do Fisterra Blues Experience
Blues contra o covid na fin da terra

Contra vento e marea, pero coa confianza de que o blues en formatos pequenos e ao aire libre é ideal para a saúde, o barco do Fisterra Blues Experience zarpa estes 11, 12 e 13 de setembro. Iremos coñecendo ao longo da vindeira semana os artistas, pero este venres xa tivo lugar a presentación oficial no Castelo de San Carlos, gracias á convicción de Concello e Deputación.

Serán 3 días de actuacións en dúas localizacións ao aire libre: a Praza da Contitución, e o Faro de Fisterra. Ademais, tamén se realizará unha sesión de Blues a bordo, o marabilloso paseo musical pola ría a cargo da banda residente do festival; e un pasarrúas.

Javi Turnes, o director artístico, ten claro o sentido do festival: “seguir construindo vínculos e xerando comunidade, afianzando o proxecto”. Engadiulle ademais o calificativo de “curativa” á experiencia bluseira na fin da terra. “A música cura e faremos da necesidade virtude”.

Sobre o tema da seguridade, o máis nomeado durante a presentación, Xan Carlos Sar lanzou unha mensaxe tranquilizadora para a xente de Fisterra, adiantando que “haberá entradas e reservas para os concertos, con controis de acceso e respectando as medidas de seguridade e distanciamento”. Ademais, para os fisterráns todo o programa será de balde, con reserva previa de entrada. Toda a información estará dispoñible na web e nas redes nos vindeiros días.

Tanto ao comezo coma ao final da presentación se escoitaron varios temas musicais a cargo de Javier Turnes, nos que tamén colaborou o poeta Alexandre Nerium.

Crónicas do Fisterra Blues Experience

Comentarios