Martes. 30.04.2024
El tiempo

Circo e Aventura Espacial esta fin de semana en Fisterra

 Steffen A. Pfeiffer co libro Contemos as estrelas
Steffen A. Pfeiffer co libro Contemos as estrelas
Circo e Aventura Espacial esta fin de semana en Fisterra

Arrinca Nadal, o mes das crianzas, e en Fisterra comezan xa coas actividades infantís.

A primeira será xa o mesmo venres 1 de decembro, ás 18:00 no Salón de Actos do Concello de Fisterra, coa presentación de “Contar Estrelas e Aprender Numeros: Unha Aventura Espacial para os Máis Pequenos”, de Steffen A. Pfeiffer. O alemán xa fisterrán ofrece unha nova proposta educativa que promete iluminar a curiosidade dos nenos, xa que o libro leva ás criazans nunha viaxe polo espazo, combinando o aprendizaxe dos números coa exploración do sistema solar.

O libro destaca non só pola súa natureza educativa, senón tamén pola súa capacidade de inspirar imaxinación e curiosidade. Ao relacionar cada número cun corpo celeste ou fenómeno astronómico, "Contemos" fomenta unha conexión máis profunda entre a aprendizaxe numérica e a marabilla do universo. Dispoñible en galego, este libro é un recurso preeducativo tanto encantador como informativo.<“br/>Contemos é unha ferramenta ideal para pais e educadores que buscan inspirar nos nenos un amor polo aprendizaxe, a ciencia e o espazo. A súa abordaxe única e a inclusión da lingua galega tamén reforzan a importancia da diversidade lingüística e cultural na educación infantil”, explica.

Circo

Para completar a oferta da fin de semana, o sábado 2 de decembro ás 12:00h, o Salón de Actos volverá encherse de rapazada para acodir ao “Conto me río”, un contacontos circense de Raquel Queizás.

Story de Facebook Perros Minimalista Blanca (2)

Comentarios