Venres. 19.04.2024
El tiempo

O circuíto Travesía Costa termina este domingo coa proba de Fisterra

Travesia Costa Fisterra
O circuíto Travesía Costa termina este domingo coa proba de Fisterra

Fisterra acolle este domingo 1 de setembro a última proba do circuíto Travesía Costa Abanca by Duacode, o máis longo de Galicia en augas abertas.

Haberá dúas saídas: Ás 10.00 horas do Porto de Fisterra (distancia longa) e ás 11.30 na praia de Corveira (distancia curta). Ambas teñen a chegada na praia da Ribeira.

A entrega de trofeos terá lugar ás 13:30 horas, na praia da Ribeira. Ao ser a última proba puntuable do circuíto, logo de máis de dous meses de competición e seis probas disputadas entregaranse tamén os premios xerais.

Cruceros Fisterra na Travesia Costa

Concerto o sábado

Para celebrar o fin da competición, Travesía Costa Abanca by Duacode invita aos participantes así como aos seus amigos e familiares e a calquera persoa que desexe gozar da música, ao concerto que está previsto para mañá, 31 de agosto, en O Semáforo, no mesmo faro de Fisterra, ás 20.00 horas. As estrelas do evento, da man de 1906 e Estrela Galicia, serán The Swinging Flamingos. Os nadadores que tomen parte nalgunha das probas deste ano estarán invitados a unha cervexa.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios