A comunidade escolar de Fisterra contra a Xunta pola construción do seu pavillón

Tempo de eleccións, tempo de cazar compromisos. Así o entende a comunidade escolar do CEIP Mar de Fóra de Fisterra, que vén de saír á rúa para esixir a construción do pavillón que lle debe a administracións. Porque a propia Lei obriga a que cada centro de ensino teña instalacións axeitadas para a práctica do deporte, é dicir, un pavillón.
Así que dende 1991 o CEIP fisterrán vive nunha fraude de lei, malia que as direccións levan solicitando a súa construción durante décadas.
Ao longo destes 30 anos, a cativada non ten un espazo cuberto onde facer ximnasia, cando chove non pode xogar en espazos grandes e ten que mergullarse dentro do propio centro disgregándose entre aulas.
A gota que colmou o vaso chegou estas semanas. Porque xa hai un proxecto aprobado pola Consellería de Educación para construír o pavillón onde van as pistas, e mesmo estaba formulado para comezar as obras o pasado mes de marzo, pero a propia Consellería recoñeceu que lles pasou por diante un colexio de Milladoiro.
O enfado da comunidade escolar é maiúsculo contra a Xunta, pois ademais as instalacións están completamente esfoladas, con portas que caen a anacos, e nulos investimentos en reforaesixen nos últimos anos. De aí que pidan á Xunta que cumpla a legalidade e constrúa, xa o pavillón.